Novedades

 Temas de acciones claves 

Inicio Compromiso Adhesiones ¿Qué podemos hacer?
Documentos y acciones Sala de Lectura Enlaces

Relación de Temas y Palabras Clave

Sostenibilidad

Educación para la sostenibilidad

Crecimiento económico y sostenibilidad

Crecimiento demográfico

Tecnociencia para la sostenibilidad

Reducción de la pobreza

Igualdad de género

Contaminación sin fronteras

Consumo responsable

Turismo Sostenible

Derechos Humanos

Diversidad cultural

Cambios climáticos

Biodiversidad

Urbanización y Sostenibilidad

Nueva cultura del agua

Agotamiento de recursos

Gobernanza universal

Desertización

Reducción de desastres

Conflictos y violencias

Próximos temas






Blog

Nacións Unidas, fronte á gravidade e urxencia dos problemas aos que se enfronta hoxe a humanidade, instituíu unha Década da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014) e designou á UNESCO como o órgano responsable da súa promoción. O manifesto que presentamos constitúe un chamamento a participar decididamente nesta importante iniciativa.
http://www.oei.es/decada
/.

Compromiso
Por unha educación para a sostinibilidade

Vivimos unha situación de auténtica emerxencia planetaria, marcada por toda unha serie de graves problemas estreitamente relacionados: contaminación e degradación dos ecosistemas, esgotamento de recursos, crecemento incontrolado da poboación mundial, desequilibrios insostibles, conflitos destrutivos, perda de diversidade biolóxica e cultual, etc.

Esta situación de emerxencia planetaria aparece asociada a comportamentos individuais e colectivos orientados á procura de beneficios particulares e a curto prazo, sen atender ás súas consecuencias para os demais ou para as futuras xeracións. Un comportamento froito, en boa medida, do costume de centrar a atención no máis próximo, espacial e temporalmente.

Os educadores/as, en xeral, non estamos prestando suficiente atención a esta situación pese aos chamamentos como os de Nacións Unidas nos Cumios da Terra (Río 1992 e Johannesburgo 2002).

É preciso, por iso, asumir un compromiso para que toda a educación, tanto formal (dende a escola primaria á universidade) como informal (museos, media, etc.), preste sistematicamente atención á situación do mundo, co fin de proporcionar unha percepción correcta dos problemas e de fomentar actitudes e comportamentos favorables para o logro dun desenvolvemento sostible. Trátase, en definitiva, de contribuír a formar á cidadanía conscientes da gravidade e do carácter global dos problemas e preparados para participar na toma de decisións axeitadas.

Propoñemos por iso o lanzamento da campaña Compromiso por unha educación para a sostibilidade. O compromiso, en primeiro lugar, de incorporar ás nosas accións educativas a atención á situación do mundo, promovendo entre outros:

  • Un consumo responsable, que se axuste aos tres R (reducir, reutilizar e reciclar) e atenda ás demandas do "comercio xusto";
  • A reivindicación e impulso de desenvolvementos científicos favorecedores da sostibilidade, con control social e aplicación sistemática do principio de precaución;
  • Accións sociopolíticas en defensa da solidariedade e a protección do medio, a escala local e planetaria, que contribúen a poñer fin as desequilibrios insostibles e as conflitos asociados, con unha decidida defensa da ampliación e xeneralización dos dereitos humanos ao conxunto da poboación mundial, sen discriminacións de ningún tipo (étnicas, de xénero, etc.);
  • A superación, en definitiva, da defensa dos intereses e valores particulares a curto prazo e a comprensión de que a solidariedade e a protección global da diversidade biolóxica e cultural constitúen un requisito imprescindible para unha auténtica solución dos problemas.

O compromiso de multiplicar as iniciativas para implicar ao conxunto dos educadores/as, con campañas de difusión e concienciación nos centros educativos, congresos, encontros, publicacións, etc. e o compromiso dun seguimento coidadoso das accións realizadas, dándoas a coñecer para un mellor aproveitamento colectivo.

Chamamos así a sumarnos decididamente ás iniciativas da Década de Educación para o Desenvolvemento Sostible, que Nacións Unidas promove de 2005 a 2014.
(http://www.oei.es/decada/)

Educadores/as pola sostibilidade


 

 

Contactar Subir